Lugo10

EuroClusTex

EmpregaTex

Novas do Sector | Comunicados | Dossier de Prensa

NOVAS. COMUNICADOS

Cointega e INEO alíanse para mellorar a competitividade do téxtil 29.09.2009

A Confederación de Industrias Téxtiles, COINTEGA, e INEO puxeron en marcha un proxecto de cooperación, co apoio financeiro do IGAPE, que fomentará o uso do TIC nas empresas téxtiles galegas a través de varios programas. Ademais COINTEGA porá en marcha un plan formativo específico para os directivos/as e persoal do téxtil. A iniciativa posta en marcha conta co apoio financeiro do IGAPE a través do programa "Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación". Os directivos/as das empresas do sector téxtil e do sector TIC coincidiron en destacar o cambio que se está producindo na nosa sociedade, cunha porcentaxe cada vez maior de cidadáns/as que mostra unha clara predisposición a comprar por Internet. Así mesmo, as propias empresas do sector téxtil, mesmo as de menor dimensión, empezan a valorar adecuadamente as oportunidades que ofrecen o TIC, non soamente para a venda a través de Internet, senón tamén para mellorar a eficiencia na xestión e a interrelación con outros axentes da cadea de valor do sector.
Como resultado desta primeira reunión identificáronse unha serie de proxectos naquelas áreas consideradas por ambos os sectores como prioritarias:
- Proxecto 1: Mellora no intercambio de datos entre o fabricante e a tenda multimarca.
- Proxecto 2: Venda directa a través de tendas virtuais
- Proxecto 3: Implantación dun Cadro de Mando Integral nas empresas do sector
- Proxecto 4: Incorporación de novas tecnoloxías no punto de venda
- Proxecto 5: Posta en marcha dunha intranet para a rede comercial



   

El textil gallego lanza su ofensiva contra la crisis en China y México La Xunta lanza la I Guía de RSE para el sector textil LEER MÁIS NOVAS DO SECTOR
COMUNICADOS
Cointega ha recibido la resolución aprobatoria de las ayudas a las Agrupaciones Empresariales (Clústers) Innovadoras Convenio Textil-Confección 2011 - 2012 - 2013 LEER MÁIS COMUNICADOS
DOSSIER DE PRENSA
Acotex impulsa la primera patronal de referencia para el negocio de la moda en toda España Graduación II Promoción Moda LEER MÁIS DOSSIER DE PRENSA
Logo Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia

Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Plan Avanza – Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
DISEÑO WEB